martes, 17 de febrero de 2015

Denuncian un policía local de Vigo por aparcar en prazas de discapacitados

Unha plataforma cidadá denunciou un policía local de Vigo por aparcar de xeito habitual en zonas reservadas para persoas con discapacidade. Fartos de observar como o axente infrinxía a lei, gravaron en vídeo o seu comportamento. O documento tivo moita difusión nas redes sociais e foi remitido ao Concello de Vigo que investiga o caso.

Vestido co seu uniforme sae uns minutos do traballo e recolle o seu coche aparcado na rúa do Pracer para estacionalo de novo a escasos 50 metros, no aparcadoiro que empregan os funcionarios do concello de Vigo.
Unha manobra aparentemente dentro da normalidade pero que infrinxe a lei como delata este sinal.

Segundo os veciños que gravaron as imaxes, o axente denunciado empregaba esta praza reservada para persoas con mobilidade reducida case a diario e por espazo de, cando menos, unha hora. Facíao á entrada do traballo ata que tiña aparcadoiro libre nas dependencias municipais

Noutras ocasións o policía aparcaba en zona amarela entorpecendo a circulación. Agora unha plataforma cidadá denunciouno e o Concello de Vigo xa abriu unha investigación

 http://www.crtvg.es/informativos/denuncian-un-policia-local-de-vigo-por-aparcar-en-prazas-de-discapacitados-1014058

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Asociaciones amigas